XORNADAS DE EMPRESA E SOFTWARE LIBRE
Os próximos días 8 e 9 de novembro a OSL realizará unhas Xornadas de Empresa e Software Libre en colaboración con Agasol, Igalia, Corunet, Icarto, Imatia, Quobis, Tagen Ata e Redegal.
Con estas xornadas preténdese mostrar aos futuros profesionais galegos que o software libre é unha aposta de calidade á hora de afrontar un proxecto empresarial. Neste evento cada empresa participante explicará brevemente como utiliza o software libre, dará unha visión dos proxectos nos que está involucrada e explicará porque decidíu apostar polo software libre.
Sortearanse 2 tablets Android entre os asistentes
Colaboradores
Nesta ocasión a OSL conta coa colaboración de:
Ubicación
As xornadas terán lugar na aula de grados da Facultade de Informática da UDC.
Data e horas
- 8 de novembro de 10:00 a 13:30
- 9 de novembro de 10:00 a 14:00
Programa
Día 8 Agasol 10:00 - 10:30 Igalia 10:30 - 11:30 Corunet 11:30 - 12:30 Icarto 12:30 - 13:30
Día 9 Imatia 10:00 - 11:00 Quobis 11:00 - 12:00 Tagen Ata 12:00 - 13:00 Redegal 13:00 - 14:00
Prazas
Ofértanse 50 prazas que se cubrirán segundo a orde de inscripción.
Coste
Esta actividade é completamente gratuíta